Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama “investimentos de urxencia” para a Mariña por mor das inundacións

NOTA DE PRENSA:
Pediu un Plan de axudas, e facer un estudo para realizar un Plan de prevención

REGO RECLAMA “INVESTIMENTOS DE URXENCIA”, PARA A MARIÑA DE LUGO POR MOR DAS INUNDACIÓNS

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego denuncia que no Decreto da Xunta non aparece ningunha cuantia orzamentaria, e si limitacións para facelo

– Asegurou ademais que a Xunta de Galicia ten tódalas competencias para xestionar e arranxar esta situación

– “O Presidente da Xunta só tardou 6 días en visitar a zona”, ironizou

Santiago , 23 de xuño de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica para amosar a postura do PSdeG-PSOE sobre a posta en marcha dun plan de actuacións contra os efectos dos temporais na Comarca da Mariña lucense. Rego defendeu unha emenda na que reclamou que poñer en marcha un plan de axudas e actuacións que permitan abordar, no menor tempo posible, a recuperación e o resarcimento dos danos producidos polas choivas no norte das provincias da Coruña e Lugo. E tamén realizar un estudo para o establecemento dun Plan de medidas de prevención co fin de contribuír a evitar situacións semellantes en futuros temporais. A iniciativa foi rechazada polo PP. O deputado lucense pediu “investimentos de urxencia”, para a Mariña lucense.

Na súa intervención Rego reclamou “grandes investimentos para estas inundacións”. Ademais lembrou que na pasada lexislatura cando o temporal Klaus causou grandes danos na Mariña “Feijoo fixo unha critica feroz a xestión do Goberno Touriño neste asunto, por non acudir no mesmo día, e facelo ao día seguinte”. Por iso sinala que o “Presidente da Xunta só tardou 6 días en visitar a zona”, ironizou Rego, “so buscan as fotos e os titulares”, espetou. A maiores cualificou a visita dos membros da Administración Autonómica á zona como “auténticos reporteiros da TVG”.

Tamén fixo referencia a os importantes anuncios mediaticos do Goberno da Xunta xa que “anunciou unha cantidade de 4,8 millóns de euros para os concellos da Mariña”, pero advirte “no Decreto non están”. Asegurou ademais que a Xunta de Galicia ten tódalas competencias para xestionar e arranxar esta situación. E lembrou que a Deputación de Lugo é a única administración que esta levando adiante actuacións concretas.

Fixo alusión a preocupación dos Alcaldes da Mariña pola solicitude de axudas. “Eles non poden ir peregrinando de Consellería en Consellería, e pedindo limosna, nun asunto no que tiña que dar conta a Administración de Feijoo”, proclamou. Nese senso referiuse tamén as axudas para os agricultores da Mariña “ so lles van conceder subvencións como máximo dun 30%”, e para aquelas que teñan contratado un seguro.

Exit mobile version