Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE lamenta que a Xunta non aclare onde están os 14 millóns de euros do convenio urbanístico de Barreiros

NOTA DE PRENSA:
REGO LAMENTA QUE GOBERNO GALEGO NON ACLARE DONDE ESTAN OS 14 MILLÓNS DE EUROS QUE RECOLLE O CONVENIO DA XUNTA DA DESFEITA URBANISTICA DO CONCELLO DE BARREIROS

– Lembra que a Deputación de Lugo non conta con ningunha competencia urbanística, polo que tampouco ten ningunha responsabilidade sobre o asunto, e como queda demostrado tampouco aporta nin un so euro

-O deputado socialista di que o Goberno de Feijoo quere legalizar con este convenio “tódolos obras que foron concedidas irregularmente” segundo consta na denuncia da Fiscalía

– Subliñou que se trate dun convenio claramente urbanístico

– Lembrou a Lei Cuiña do ano 2002 de Ordenación Urbanística na que consta que sen “ servicios non hai solar para construír”

– Rego preguntoulle á Secretaria Xeral como casa a austeridade que promulga Feijoo co regalo dos 14 millóns de euros para obras e servicios que xa deberían estar executadas, antes da construcción dos inmobles ou concesión das licencias?

– “A min non poden enganar, esto é unha tropelia”, sentenciou Rego.

Santiago , 10 de xuño de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego, interveu hoxe na Comisión 2º do Parlamento, para interpelar ao Goberno de Feijoo sobre a situación urbanística do Concello de Barreiros. Alí lamentou que Goberno Galego non aclare donde están os 14 millóns de euros que recolle o convenio da xunta da desfeita urbanística do concello de Barreiros.

Avirte tamén que o Goberno de Feijoo quere legalizar con este convenio “tódolos obras que foron concedidas irregularmente”, espetou Rego.

Rego sinala que ao concello de Barreiros suspendéuselle a normativa urbanística municipal por incumprimento reiterado do marco xurídico regulador do urbanismo de Galicia en distintos eidos e con actuacións por parte dos responsables municipais do concello, tales como, por poñer algúns exemplos menores: o flagrante incumprimento de adaptación da súa normativa á lexislación urbanística, ou o outorgamento de licenzas de obras en solares non urbanizados ou non urbanizables e carentes de servizos de todo tipo e previsión deles.

O deputado dixo que ao Alcalde Barreiros “parece que lle deu a febre de concesión de licencias de todo tipo”, e asegura que en “ano medio concedeu 2.964 vivendas catalogadas de ilegais pola Fiscalía”. Rego advirte que estas concesións “ non son legais”, e hoxe en día “ teñen moi difícil a súa legalización”. Neste punto lembrou a Lei Cuiña do ano 2002 de Ordenación Urbanística na que consta que sen “ servicios non hai solar para construír”

Xa no turno de replica Ismael Rego subliñou que a Secretaria Xeral non desmentiu ningunha das acusación realizadas dende o PSdeG-PSOE sobre este asunto. “A min non poden enganar, esto é unha tropelia”, sentenciou Rego. Subliñou que se trate dun convenio claramente urbanístico.

Lembra que a Deputación de Lugo non conta con ningunha competencia urbanística, polo que tampouco ten ningunha responsabilidade sobre o asunto, e como queda demostrado tampouco aporta nin un so euro. Sinala que o 1.250 mil euros que a Deputación de Lugo consta que aporta neste convenio é a mesma cantidade que no mesmo consello da Xunta acordou financiar o Goberno Galego noutro concello e a executar pola Deputación Provincial.

Rego preguntoulle á Secretaria Xeral como casa a austeridade que promulga Feijoo co regalo dos 14 millóns de euros para obras e servicios que xa deberían estar executadas, antes da construcción dos inmobles ou concesión das licencias?

Aludiu a constante austeridade que promulga Feijoo “e despois regala 14 millóns de euros ao Alcalde de Barreiros”, e preguntouse si vai facer o mesmo cos demais concellos de Galicia. Por último reclamou “que os Tribunais de Xustiza poñan a cada un no seu sitio”.

Exit mobile version