NOTA DE PRENSA:
OS SOCIALISTAS DE TRABADA DIN QUE A XUNTA ESQUECEU Á MARIÑA, DESPOIS DA CATÁSTROFE VIVIDA
RECLAMAN AXUDAS POR PARTE DO GOBERNO AUTONÓMICO E LOAN A ACTUACIÓN DO ENTE PROVINCIAL
TRABADA, 26 DE XUÑO. Dende a Agrupación Municipal Socialista de Trabada queren desligarse das declaracións aparecidas onte nalgún medio de comunicación onde se falaba dun abandono deste concello por parte das administracións.
Os socialistas explican “que si a alguén hai que reclamarlle presenza na Mariña e colaboración, despois da catástrofe sufrida, é á Xunta de Galicia, da que aínda hoxe non sabemos nada”, din. Por outra banda, subliñan que “unicamente a Deputación provincial estivo man a man cos concellos afectados. Nun primeiro momento comezaron coas obras de recuperación nos concellos de Ribadeo, Vicedo e Xove, e seguirán tamén, segundo o plan previsto, e que conta co visto bo de todos os alcaldes involucrados, por Trabada e o resto de municipios que vivimos as terribles inundacións. O ente provincial e o seu presidente, José Ramón Gómez Besteiro, foron os únicos presentes despois do acontecido. Xa teñen máquinas traballando. Esta Deputación, gobernada por un socialista, non tivo en conta a cor política dos concellos e veu a traballar na zona da Mariña inmediatamente despois do remate do temporal”. A Agrupación do PSdeG-PSOE de Trabada asegura así que as críticas aparecidas na prensa non teñen nada que ver cos socialistas. Que poden ser opinións particulares, pero de ningún xeito vinculadas ao partido.
Así pois, insisten en que “aínda agardan que a Xunta se personifique en forma de axudas nos municipios afectados polas inundacións” e lembran que a Deputación investiu no último ano ao redor de 300.000€ no concello de Trabada, polo cal non creen que “sexa de recibo criticar a unha Administración que está traballando polo ben de todos os lucenses, incluídos os mariñáns”.