Nota de Prensa
Grupo Municipal PSdeG – Psoe de O Valadouro
Como e sabido, no último pleno celebrado na Casa do
Concello, saíron rexeitados os orzamentos para o ano en curso
presentados po lo equipo de goberno. Logo das manifestacións do
Sr. Alcalde y para clarificar a nosa postura, diante dos nosos
veciños facemos público o seguinte;
• Logo de unha primeira xuntanza onde se nos anuncia o
proxecto de orzamentos do ano 2010 o noso grupo presenta no
rexistro municipal un escrito con as condicións para apoiar os
mesmos con data 17 de Marzo.
Non se nos contestou nin sequera se nos deu ningunha
explicación de por que non se tiñan en conta as nosas propostas.
Na liquidación dos orzamentos do 2008 o Sr. Secretario
interventor fai mencións a varias deficiencias a corrixir. Abuso de
contratación directa, necesidade de elaborar unha relación de
postos de traballo, respetar o plan de estabilidade, pagos, etc…
Ninguna das partidas incluídas no novo orzamento corrixe
ditas carencias
Destacar tamen a inclusión de varias partidas “exóticas” P.E.
30.000€ para siñais ou 29.000€ para investir no cemiterio municipal,
sendo que aínda esta sen legalizar o mesmo e as obras están
paradas dende hai 3 anos al menos.
Reseñar tamén o incumprimiento dos acordos acadados os
pasados orzamentos por parte do equipo de goberno con nosco,
pois as obras pactadas que determinan o noso apoio no pasado
exercicio están todas sen executar e algunhas desaparecen deste
novo orzamento
Rematamos poñéndonos a dispor do equipo de goberno por
se nos precisa para a aprobación de calquera obra de interés.