Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo apoia a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña

NOTA DE PRENSA:
O PSdeG-PSOE DE CERVO MANIFESTA O SEU APOIO A PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA
OS MARIÑANOS TEÑEN DEREITO A DEFENDER A SÚA SANIDADE. OS VECIÑOS DE CERVO ESTÁN PREOCUPADOS E NON IMOS QUEDAR DE BRAZOS CRUZADOS MENTRES A XENTE TEN QUE VIAXAR CAMIÑO DE LUGO CADA DOUS POR TRES
CERVO, 09 DE XUÑO. Dende o PsdeG-PSOE de Cervo a través da súa Executiva local manifestamos o noso apoio a Plataforma na Defensa da Sanidade Publica na Mariña.
Entendemos que a única pretensión que ten a Plataforma e defender os intereses dos mais dos 70.000 habitantes dos 14 Concellos que dependen do Hospital da Costa.
Unha plataforma constituída por axentes socias, asociacións de veciños, culturais, de montes, deportivas e un largo etc. dos distintos municipios afectados por esta area, así como os distintos partidos políticos que se quixeron sumar a esta iniciativa.
A creación da area sanitaria da mariña significou unha mellora cuantitativa e cualitativa da atención sanitaria para tódolos os seus habitantes, dereitos a día de hoxe recoñecidos e que non estamos dispostos a perder.
Non podemos obviar as condicións xeográficas da nosa comarca, o que supón para calquera persoa ter que desprazarse a outro centro ou hospital unha distancia media de 100 km o que redundaría negativamente para o usuario do centro.

A poboación da mariña ten loitado moito para conseguir que a nosa comarca dispuxera dun hospital e que ano tras ano foi mellorando en servizos e prestacións e que dende o goberno da Xunta nos queren mermar.

Os grupos da oposición do Concello de Cervo rexistraron no día de onte unha solicitude de convocatoria de pleno Extraordinario para instar ao pleno a que defenda e apoie as demandas da Plataforma.

Confiamos en conseguir a súa aprobación por unanimidade xa que o que non pode haber por parte do Partido Popular e dúas caras; por unha parte, ver como o Sr. Balseiro sae na prensa dicindo que quere finalizar coa polémica creada sobre a xerencia do hospital (polémica que creou o PP) pero negándose reiteradamente aos ofrecementos feitos dende a Plataforma para falar da situación actual da area sanitaria e intentar clarexar as declaracións contraditorias que chegan por parte dos distintos membros da Consellería de Sanidade.

GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE CERVO

Exit mobile version