Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente de Sogama participou en charlas sobre compost e reciclaxe en colexios de Barreiros

BARREIROS (FN) .- O presidente de Sogama, Luis Lamas, e representantes da empresa Ingesyma impartiron nos colexios de Barreiros dúas charlas sobre o compost e a importancia da reciclaxe. Os actos enmárcanse dentro da campaña informativa para a compostaxe doméstica que está levando adiante Sogama.

Segundo o alcalde, Alfonso Fuente, “o presidente de Sogama amosóuse contento de estar aquí e de poder falar cos nenos, ademáis de poñer á súa disposición esa planta para que a poidan visitar e coñecer de cerca o seu funcionamento”. O rexedor engadiu que “no Concello facemos unha aposta moi forte polo medio ambiente, non só melloramos o saneamento e construimos e poñemos en marcha depuradoras coma a da Espiñeira, senón que queremos empezar pola educación dos nenos”. Luis Lamas visitou tamén a ecoplanta e o punto limpo “e destacou que un Concello coma o noso faga unha labor tan importante nesta materia. Facemos charlas, campañas para a recollida do vidro e outras de sensibilización e aí está o recoñecemento de Adeac coas bandeiras azuis que reciben as nosas praias, senón houbese control e campañas deste tipo eso tamén se reflexaría no mal coidado dos areais”.

As charlas impartidas por Sogama a Ingesyma comenzaron ás nove e media da mañá no colexio de San Cosme e seguiron ás doce no de San Miguel. Ao final os nenos recibiron un obsequio. Fuente Parga suliñou que “decimos o que destaca Sogama, a formación está nos colexios porque eles son os que a desenvolverán no futuro”.

Exit mobile version