SAN CIBRAO .- O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse no Museo do Mar, en San Cibrao, con alcaldes da Mariña para expoñerlles a segunda fase de traballo que realizarán as máquinas do parque móbil co fin de reparar os danos producidos polos asolagamentos nas vías municipais.
Nota de Prensa
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse este luns cos Alcaldes da Mariña para explicarlles a segunda fase de traballo que realizarán as máquinas do Parque Móbil co fin de reparar os danos producidos polos asolagamentos nas vías municipais. Unhas vez concluidas as valoracións e mediciacións in situ dos técnicos provinciais, Gómez Besteiro e os Alcaldes consensuaron un plan de actuación.
Deste xeito, o Presidente salientou que se pon en marcha un plan de choque de 40 días, e explicou que durante 10 días os equipos de rego do organismo provincial traballarán nos Concellos mariñanos afectados, e durante 7 días actuarán os de limpeza. Da mesma forma, Gómez Besteiro destacou que se comezará a traballar nos municipios de Ribadeo, Burela e Xove.
O titular do organismo provincial indicou que se informará ó Goberno de España e a Xunta de todas as actuacións que se vaian acometendo, e destacou que “as comisión realízanse cando non se queren facer cargos dos problemas. É momento de traballar, e de que todas as administracións se responsabilicen das súas competencias”.