Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP salienta a nova fórmula de xestión das áreas sanitarias da Mariña, Monforte, O Barco e O Salnés

Nota de Prensa

No debate dunha iniciativa do BNG no Pleno do Parlamento, Miguel Santalices recalcou que “non se pode enganar aos veciños” como están a facer PSOE e BNG, nin “dicir ansolutas barbaridades como que vai desaparecer o hospital”

O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE A NOVA FÓRMULA DE XESTIÓN DAS ÁREAS SANITARIAS DA MARIÑA, MONFORTE, O BARCO E O SALNÉS SUPÓN SUMAR A INTEGRACIÓN DA ASISTENCIA PRIMARIA, ESPECIALIZADA E SOCIOSANITARIA

* O deputado do PPdeG pediu a socialistas e nacionalistas “que teñen valor para dicirlles aos veciños da Mariña lucense o que estaba programado no ano 2008 polo Goberno Bipartito”, que na súa planificación estratéxica “establecían que a área de Burela se levaba a Ferrol”, ademais de suprimir puntos de atención continuada como o de Mondoñedo.

Santiago, 22 de xuño de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a nova fórmula de xestión das áreas sanitarias da Mariña, Monforte, O Barco e O Salnés supón sumar a integración da asistencia primaria, especializada e sociosanitaria. No debate dunha iniciativa do BNG, o deputado do PPdeG Miguel Santalices resaltou que os xerentes destas áreas sanitarias dependen “directamente da Consellería de Sanidade e da xerente do Sergas” e que “non se está a falar de variar o mapa sanitario actual”, senón que as áreas sanitarias “xa existen e se trata de mudar o método de xestión para darlle máis competencias e servizos aos xerentes”.

Na súa intervención no Pleno, Miguel Santalices recalcou que “non se pode enganar aos veciños” como están a facer PSOE e BNG, nin “dicir ansolutas barbaridades como que vai desaparecer o hospital”. Igualmente, fixo referencia á politización das manifestacións “que nalgúns sitios están a ser financiadas con fodos públicos municipais” ou, noutros casos, “se remitiron correos electrónicos de coacción aos comerciantes e empresarios emprazándolles a acudir á manifestación”. Nese sentido, pediu a socialistas e nacionalistas que explicaran a súa concepción do emprego de recursos públicos e se esta “ten algo que ver coa que evidenciou a ministra de Medio Ambiente, que na súa visita á Mariña fixo uso do heliporto do Hospital da Costa sen autorización previa nin comunicación”.

Doutra banda, o deputado do PPdeG pediu a socialistas e nacionalistas “que teñen valor para dicirlles aos veciños da Mariña lucense o que estaba programado no ano 2008 polo Goberno Bipartito”, que na súa planificación estratéxica “establecían que a área de Burela se levaba a Ferrol”, ademais de suprimir puntos de atención continuada como o de Mondoñedo.

Exit mobile version