Nota de Prensa
O PP RECHAZA UNHA INCIATIVA SOCIALISTA PARA POTENCIAR OS RECURSOS HUMANOS E TECNOLÓXICOS DE RADIOLOXÍA, E GARANTIR A PRESENCIA DUN RADIÓLOGO NOS HOSPITAIS COMARCAIS
– A deputada socialista Carmen Acuña asegurou que as políticas sanitarias do Goberno de Feijoo son o maior ataque á atención sanitaria publica das comarcas
– Advirte “que non se pode chamar racionalizar as gardas, e suprimir os radiólogos de garda onde mais se precisan”
– Asevera que o sistema de gardas que pretende establecer á consellería de Feijoo “é médicamente moi deficiente, e vulnera os reais decretos sobre o control de calidade en radiodiagnóstico, e probablemente ata os dereitos fundamentais recollidos na Constitución”
Santiago, 23 de xuño de 2010. A deputada do PSdeG-PSOE Carmen Acuña interveu onte (martes día 22) no Pleno da Cámara Autonómica para defender unha moción co fin de que o Goberno de Feijoo potencie os recursos humanos e tecnolóxicos de radioloxía de tódolos hospitais de Galicia. E que garanta a posibilidade de contar coa presencia física dun radiólogo para atención das urxencias que poidan xurdir en cada un dos hospitais comarcais da rede do Sergas. A iniciativa foi rechaza polo Partido Popular.
Acuña asegurou que as políticas sanitarias do Goberno de Feijoo son o maior ataque a atención sanitaria publica das comarcas. Denuncia que a Consellería de Sanidade coas decisións no tocante aos Hospitais Comarcais “non poderán ofertar unha atención punteira en neurocirurxía, ou a correcta estabilización e o adecuado traslado dun enfermo en unha situación neurolóxica critica”, asegura que teñen que atendelo mellor. Por iso sinala que necesitan dispor de todos os seus recursos tanto humanos como diagnósticos “ hoxe xa moi escasos”.
Na súa intervención argumentou que “un paciente programado que necesita coidados especiais pódese desprazar, para recibilos, pero si se trata dunha situación de urxencia o se fai unha correcta atención in situ ou o paciente falece”.
Así as cousas a deputada socialista advirte “que non se pode chamar racionalizar as gardas, e suprimir os radiólogos de garda onde mais se precisan”. Di que este non é un exemplo de boa xestión sanitaria nin unha modernidade como pretenden vendelo o Partido Popular, senón que é un claro exemplo de xestión sanitaria temeraria dado que non van aportar claros beneficios na calidade pero si incrementa e moito os resgos.
Aludiu tamén as unidades móbiles de resonancia magnética utilizadas no rural galego para a prevención do cancro de mama, e lembrou que o PP “xa anunciou que suprimían estas unidades”, por mor dese afán de destruír a sanidade publica galega comezando polos mais débiles neste caso mulleres e do rural.
A deputada socialista dixo que a Conselleira de Sanidade “eludiu contestar as nosas preguntas”. E insistiu “non puido, ou non quixo ou non soubo respostar aos problemas que nós encontramos nese sistema de gardas telemáticas.”. E proseguiu coas súas criticas “que vai pasar cas ecografías urxentes en pediatría, ou nas embarazadas. Que vai pasar cas persoas con alerxia o contraste ou cos pacientes con insuficiencia renal. Quen se responsabiliza dunha reacción adversa o contraste, o técnico ?”, proclamou.
Coñecen que ademais seria ilegal incorporar a enfermería existindo técnicos en radiodiagnóstico?”, asegurou.
Tamén se referiu as palabras da propia Conselleira de Sanidade en sede parlamentaria, nas que afirmou que están colaborando traballando con tódolos profesionais dos servizos de radiodiagnóstico na aplicación deste sistema, xa que aportara unha maior rapidez . Acuña replica que “ é difícil de entender que sexa mais rápido ter o especialista a 100 km do Hospital, que alí mesmo”.
O PP quere que os radiólogos cometan ilegalidades
Acuña asevera que o sistema de gardas que pretende establecer á consellería de Feijoo “é médicamente moi deficiente e vulnera os reais decretos sobre o control de calidade en radiodiagnóstico e probablemente ata os dereitos fundamentais recollidos na constitución”. Afirma que o Sergas pretende que os radiólogos dos hospitais comarcais cometan ilegalidades, e incumpran o código deontolóxico, asumindo as responsabilidades que non lles corresponden.
A deputada socialista aludiu as diversas manifestacións veciñais relacionadas con este asunto. Dixo que o estilo de Feijoo é impedir que a TVG cubra a manifestación en defensa da sanidade. “Iso si que é un escándalo a televisión de todos e todas o servizo tan só do presidente Feijoo o ético”, denunciou.
Asegurou que dende o Grupo Parlamentario Socialista “imos a seguir esixindo responsabilidades ante a nefasta xestión do PP neste proceso”.
Por ultimo reclamou ao Goberno de Feijoo “que non utilicen os hospitais comarcais para pagar, para compensar a construcción deses hospitais tan públicos que van facer, porque non é moi católico sacrificar ao débil”. E resumiu pedimos ao Goberno de Feijoo “un compromiso ca sanidade publica ,cos hospitais comarcais e cos servizos de radiodiagnóstico”.