Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pregunta á Deputación polos concellos cos que asinará os convenios incluídos no plan extraordinario de obras

Nota de Prensa

O GPPP insta á Deputación a aclarar con que concellos asinará os convenios incluidos no plan extraordinario de obras ó que adica 10 millóns de euros

Lugo, a 9 de xuño de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular insiste en que a Deputación aínda non aclarou nada sobre os convenios que vai a asinar cos concellos para a execución de obras e mantemento dos servicios públicos ós que ten previsto adicar 9,6 millóns de euros.

Os populares reiteraron as súas críticas sobre a falla de información ó respecto xa que, aínda que a iniciativa foi dada a coñecer o pasado mes de abril, a estas alturas descoñécese cales serán os concellos beneficiados e as obras que se teñen previsto acometer a cargo desta partida.

Para o GPPP o secretismo que rodea a esta iniciativa denota unha total ausencia de transparencia na actividade da administración provincial e lembran que nin no pleno provincial no que se presentou o plan extraordinario de obra pública nin ata o momento se ofreceron detalles sobre este particular.

Os populares temen que con estes preto de dez millóns de euros tamén se efectúe un reparto partidista como acontece coas obras incluidas no plan extraordinario no que se contempla a execución de 19 actuacións (na vindeira xunta de goberno aprobarase a contratación de oito delas) das que só cinco se executarán en concellos gobernados polo Partido Popular, o que equivale a dicir pouco máis de dous millóns de euros dos 12,2 millóns adicados a este fin.

Exit mobile version