Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide que se estudie o efecto da variante de Burela nas inundacións

Nota de Prensa

González Barcia: “choveu moitísimo, pero hai que tentar analizar as causas do que pasou con rigor”.

O portavoz do PP de Burela considera que o concello debe facer unha valoración de danos “seria”.

Os populares piden que se estudie o efecto da variante de Burela nas inundacións.

José  María González Barcia, portavoz do GMPP de Burela, afirmou hoxe, en relación coas inundacións dos pasados días, que “choveu en Burela o que nunca choveu, pero hai que tentar analizar con moito rigor outras causas, non precisamene circunstanciais, senon estructurais, das inundacións”.

Barcia considera que o prioritario nestes momentos é tentar reparar os desperfectos causados polas choivas canto antes e facer unha valoración seria e con rigor dos danos sofridos nas instalacións públicas e nas casas e establecementos de particulares para poder pedir as axudas pertinentes.

O portavoz dos populares considera que “se están cargando interesadamente as tintas nun só aspecto das inundacións, e estamos esquecendo outras cuestións relevantes, algunha de carácter estructural. Por exemplo, o efecto que está a ter a variante sobre as distintas correntes de auga que existen no termo municipal de Burela”. Para González Barcia, nesta inundación houbo tres focos importantes: As Pasadiñas, sen dúbida o que máis relevancia tivo; a zona de Vila do Medio e Vilar, e a zona de O Perdouro.

“E nas tres, indicou Barcia, está implicada a variante, que evidentemente non é mala en sí, pero que coa súa construcción propiciou que as correntes de auga tivesen variacións”.  Barcia destacou que a canalización do río, algo sobre o que se está a falar moito, non é a culpable da situación, porque desde o Hospital hasta a curva de Rivela a variante, pola parte de arriba, concentra toda a auga que vén do Castelo na zona, precisamente, das Pasadiñas. En cambio, o que pasou na Vila do Medio, co barrido total da Fonte da Lamela e do lavadeiro próximo, non tén nada que ver coas Pasadiñas e sí coa variante, xa que non é a primeira vez que acontece algo semellante, ainda que con menor intensidade, desde a construcción da mesma. Igualmente, afirmou Barcia, casas de Vilar tiveron problemas de inundacións estes días, e o motivo non é solo a auga que caeu, senón a variante”. Sobre este asunto, Barcia lembrou que hai catro anos houbo un embolsamento de auga na zona entre Vilar e Vila do Medio que os propios técnicos de Fomento atribuiron a posibles cambios das vías de escape da auga propiciados pola construcción da variante”.

González Barcia tamén dixo que as inundacions da zona de O Perdouro nada teñen que ver coas Pasadiñas, pero a variante está mui próxima, e o mesmo rego do Perdouro baixou totalmente desbordado como pasou hai seis meses, e por entón nada pasou nas Pasadiñas.

Pero o portavoz dos populares tamén indicou outra causa, neste caso circunstancial, engadida: o estado das pistas forestais do entorno do Monte Castelo, que segundo o portavoz popular non era o máis idóneo, o que propiciou o arrastre de materiais sólidos e restos de masa forestal.

González Barcia considera que a variante está a exercer “un efecto embalse, xa que axuda a deter as augas e os restos diversos que baixan e se arrastran desde o Castelo”.

Barcia considera que “desde o concello, ademais de facer unha avaliación e valoración dos danos seria, debe tamén facerse unha análise rigurosa das causas das inundacións”. E lembrou que “en Navia, en Asturias, se está cuestionando a estrada 642 por exercer un efecto semellante ó que está a facer a variante, como está sendo cuestinada a A-8 ó seu paso por Barreiros. E naide está en contra nin da variante de Burela nin da A-8, que está claro que de por sí son boas, pero haberá que analizar se a súa construcción está a favorecer estas inundacións e, de ser así, buscar posibles solucións”.

Finalmente, Barcia manifestou a solidariedade do Partido Popular con todos os afectados así como o recoñecemento do esforzo de todas as persoas que traballaron arreo para paliar os efectos das inundacións.

Exit mobile version