Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide que se arranxe a estrada provincial en Santa María Maior

NOTA DE PRENSA:

O Partido Popular pide que se arranxe a estrada provincial en Santa María Maior

* Elena Candia e González Barcia presentarán no Concello e na Deptuación iniciativas con este obxectivo

Lugo, a 2 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Mondoñedo e o Grupo Provincial Popular van pedir que se arranxe a estrada provincial LU-3103, ó seu paso pola localidade mindoniense de Santa María Maior, que presenta un firme moi deteriorado, motivado polo importante tránsito de vehículos pesados que soporta dado que é o único acceso a unhas explotacións de canteiras de pedra.

A portavoz popular en Mondoñedo, Elena Candia, indicou que esta estrada está sendo arranxada ata a parroquia de Lindín, pero non está previsto acometer ningunha mellora no tramo indicado, o que non é lóxico dado o estado no que se atopa. Un estado que, segundo salienta, crea un problema de inseguridade polo que insiste en que deben adoptarse canto antes medidas para evitar que siga deteriorándose e incrementándose as situacións de risco.

Por tal motivo, Candia xa presentou unha iniciativa no concello de Mondoñedo para que dende o bipartito local se fagan as xestións pertinentes que permitan subsanar o problema.

Pola súa banda, o voceiro adxunto do Grupo Provincial, José María González Barcia, indicou que tamén presentará unha iniciativa na Deputación a tal efecto.

Exit mobile version