Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide no Parlamento a colaboración e coordinación da Xunta, as deputacións e goberno de central

NOTA DE PRENSA

O deputado Jose Manuel Balseiro Orol será  o encargado de posicionar ao Grupo Parlamentario Popular no pleno que se celebra mañá

O PPdeG DEFENDE NO PARLAMENTO A COLABORACIÓN E COORDINACIÓN  DE XUNTA, DEPUTACIÓNS E GOBERNO CENTRAL PARA A VALORACIÓN DOS DANOS DO TEMPORAL E PARA O COFINANCIAMENTO DAS AXUDAS QUE SE ESTABLEZAN

* Non ten sentido que as distintas administracións establezan axudas independentes e descordinadas entre si, que obriguen a concellos, particulares e empresas a “peregrinar de ventanilla en ventanilla” para solicitar as súas compensacións.

Santiago, 22 de xuño de 2010.- O Pleno do Parlamento de Galicia que se celebra no día de hoxe debaterá na sesión de mañá mércores unha emenda do Grupo Popular pola que se reclama a coordinación e colaboración entre a Xunta,  as Deputacións provinciais de Lugo e da Coruña e o Goberno central para a valoración dos danos e no financiamento das axudas que se establezan para compensar os estragos causados polo temporal de fortes chuvias acontecido os días 9, 10 e 11 de xuño.

O encargado de posicionar ao Grupo Parlamentario Popular será o deputado Jose Manuel Balseiro Orol quen defenderá que non ten ningún sentido que as distintas administración establezan axudas independentes e descordinadas entre si, e que obriguen a concellos, particulares e empresas a “peregrinar de ventanilla en ventanilla” para solicitar as súas compensacións.  Balseiro considera que ante un acontecemento desta magnitude as administracións están obrigadas a dar unha reposta conxunta que garanta a mellor eficacia das axudas e insiste en que os cidadáns non entenderían unha loita partidista, cando se está tratar de algo tan serio como  é a fórmula de compensar todo tipo de danos en vivendas, colleitas, gando, infraestruturas,… e distintos bens afectados polos asolagamentos.

O Grupo Popular tamén reclama á Xunta de Galicia que axilice a publicación das distintas ordes que as Consellerías estableceran despois de que o Consello de Goberno do pasado 17 de xuño –sete días despois- aprobase o decreto marco de medidas urxentes para compensar os danos do temporal.

Exit mobile version