Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP instará a Deputación a participar nun mecanismo coa Xunta para afrontar as inundacións da Mariña

Nota de Prensa

O GPPP levará  ó pleno da Deputación as inundacións rexistradas na comarca de Mariña

Lugo, a 21 de xuño de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó vindeiro pleno provincial unha moción sobre as inundacións que afectaron á comarca da Mariña na que instan á Deputación a participar nun mecanismo de coordinación coa Xunta de Galicia para cofinanciar as axudas necesarias para paliar os danos e, ó tempo, que a administración provincial se dirixa ó Goberno de España para que tamén el se sume ó mencionado mecanismo de coordinación e cofinanciación.

Suliñan os populares na súa proposta que as recentes inundacións acontecidas na costa de Lugo provocaron grandes danos económicos e materiais que afectan a toda a comarca da Mariña e que é responsabilidade das administracións públicas afrontar a situación e facer fronte ós custes económicos que conlevarán a reparación dos danos causados.

O GPPP, tras salientar que a Xunta habilitou axudas por preto de cinco millóns de euros para a reparación de infraestruturas nos concellos afectados, así como outras liñas de axudas para a reparación de vivendas e negocios e para a compensación polas perdas rexistradas por agricultores e gandeiros, inciden en que as circunstancias fan preciso que tódalas administracións públicas colaboren e se coordinen para conseguir unha actuación o máis eficaz posible nesta tarefa de reconstrucción.

Exit mobile version