Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP enganou unha vez máis e segue sen haber servizo de autopsias no Hospital de Burela, asegura o BNG

Nota de Prensa

O BNG DENUNCIA QUE SEGUE SEN HABER SERVIZO DE AUTOPSIAS NO HOSPITAL
DE BURELA

O goberno do PP na Xunta e o deputado popular Xosé Manuel Balseiro
enganaron unha vez máis aos cidadáns da Mariña e ás asociacións que creron
na súa palabra cando anunciou a bombo e platiño que desde o 14 de maio
volverían a realizarse autopsias no Hospital da Costa.

O día 11 de maio do presente ano o deputado do PP Sr. Balseiro e o Director Xeral de
Xustiza da Xunta de Galicia anunciaron que dende o día 14 do mesmo mes volverían a
realizarse autopsias no Hospital da Costa en Burela.
En días pasados puidemos comprobar a falsidade destas promesas cando
desgraciadamente se produciu o falecemento dun veciño de Burela que foi traslado a
Lugo para a realización da correspondente autopsia.
Compre recordar que con data 1 de setembro de 2007, Burela e o conxunto da Mariña
recuperara o servizo de autopsias logo dunha petición unánime de colectivos sociais e co
apoio de todos os partidos políticos con presencia no Parlamento de Galiza.
Coa chegada do PP ao goberno de Galiza despois do 1 de marzo suprimeuse o servizo e
este volve centralizarse en Lugo aducindo excusas de prazas vacantes, que non se dan
cuberto e dicindo que será unha situación transitoria.
Levamos máis dun ano sen este servizo e comprobamos agora a desfachatez e
demagoxia sen límites do Deputado do PP pola comarca mariñana que non é capaz de
garantir a recuperación do servizo de autopsias nen de frear a perda de calidade do
sistema sanitario. Se non é capaz de representar dignamente aos cidadáns que
representa e que lle pagan un altísimo salario deberían asumir resposabilidades e demitir.
Calquera cidadán de Burela ou da Comarca pode recordar a utilización política do
sufrimento das familias que fixeron os representantes do PP ( Srs Balseiro e Barcia) en
relación co servizo de autopsias. Unha actuación de demagoxia sen límites, de
amoralidade e de carroñeirismo político. Demostrando que todo lles vale con tal de sumar
algún voto.
É de esperar que as asociacións que confiaron nas promesas do PP reaccionen e
demanden co conxunto das forzas políticas a recuperación do servizo

Exit mobile version