Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP emenda unha iniciativa do BNG de crear un plan contra os efectos dos temporais na Mariña

REFERENCIA

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu portavoz, e a iniciativa dos seus deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte EMENDA á proposición non de lei do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego de Galicia sobre “a posta en marcha dun plan de actuacións contra os efectos dos temporais na comarca da Mariña lucense” (08/PNP-0349 – número de rexistro 21561)

Emenda de Substitución:

Substitución do acordo proposto,

polo seguinte texto:

<< O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia á

PRIMEIRO.-  Axilizar o desenvolvemento do Decreto de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas na Mariña lucense durante os días 9 e 10 de xuño de 2010, que foi aprobado polo acordo do Consello da Xunta celebrado o 17 de xuño de 2010

SEGUNDO.- Solicitar o concurso doutras administracións, nomeadamente das Deputacións provinciais de Lugo e da Coruña e do  Goberno central, co fin de coordinar e colaborar na valoración de danos e no financiamento das axudas que se establezan >>

Exit mobile version