NOTA DE PRENSA:
Os populares censuran que o Alcalde manipule o acordo dos tres grupos políticos da Corporación co director do IES de Foz o pasado 21 de xuño e o acusan de provocar batallas e confrontacións permanentes en vez de interceder dun xeito construtivo coas autoridades educativas
O PP SOLICITARÁ UNHA PRÓRROGA NO PRAZO DE MATRÍCULA DO CICLO DE INFORMÁTICA COA ESPERANZA DE QUE SE INTERESEN NEL MÁIS ALUMNO
Foz, 23 de xuño de 2010.- O Partido Popular, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, explicou que a formación política á que representa, acordou co resto dos portavoces dos grupos da Corporación Municipal en presentar unha moción conxunta no próximo pleno do concello de Foz, onde se tomará o acordo de apoiar a solicitude feita pola Dirección , o Consello Escolar e a Apa do IES de Foz, este acordo se remitirá á Consellería de Educación para que autorice o igual que noutros centros da comarca unha prórroga extraordinaria do prazo de matrícula do 1 ao 13 de setembro nos Ciclos de Informática, Restauración e Comercio que se viñan impartindo no instituto da localidade, de tal xeito que poda ampliarse o número de alumnos interesados en cursar estes estudos, si ben o último curso algún ciclo tan só contaba con 4 alumnos. Igualmente solicitarán que non se aumente o numero mínimo para poder manter os ciclos, é dicir que se manteña en 6 alumnos nos centros do rural coma hasta ahora.
Os populares lamentan unha vez máis que o Alcalde “manipule este acordo” para efectuar unha crítica partidista “en vez de negociar e interceder dun xeito construtivo ante as autoridades educativas”, para evitar a desaparición destes ciclos de formación profesional, ao mesmo tempo sinalan que o BNG tamén dá impresión de andar por libre, ignorando o acordado, desde logo o P.P. de Foz, sempre estará a defender os intereses dos veciños/as de Foz e pensa que mais forza farían o tres grupo xuntos.
“Na vontade de García Rivera está permanentemente provocar conflitos e crear batallas, poñendo culpables onde él nunca aparece, en vez de ofrecer solucións eficaces para os veciños de Foz”- aseguran desde o PP que nun dubidan en sinalar que o rexedor “prefire a confrontación que o diálogo. Parece incluso que no PSOE se aledaran de que non exista o número de alumnos interesados en cursar este ciclo formativo”, para aproveitalo politicamente.