Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz anuncia que xestiona ante Portos o dragado do canal do peirao, da dársena e do Porto Chico

Nota de Prensa

Os populares negocian co organismo autonómico despois de ter falado co Presidente da  asociación de comerciantes, co Club Náutico e co Patrón maior da Cofradia de Pescadores de Foz

O PP XESTIONA ANTE PORTOS O DRAGADO DO CANAL DO PEIRAO, DA DÁRSENA E DO PORTO CHICO

* Os pesqueiros  vense obrigados a esperar a preamar para acceder ao porto, situación que tamén afecta ás embarcacións  recreativas

Foz,  4 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, está a xestionar ante o  Ente Público Autonómico Portos de Galicia o dragado do canal do peirao, da dársena e do acceso ás instalacións  coñecidas como Porto Chico.

Os populares focenses realizan esta xestión para achegar o investimento necesario para esta actuación e algúns trocos na dársena para aumentar  as  prazas de embarcacións deportivas despois de ter  falado co Presidente da asociación de comerciantes locais, con representantes do Club Náutico e co Patrón  Maior da Cofradía de Pescadores de Foz, que lle deron conta da importancia de desenvolver  estes traballos

Segundo as informacións que manexan desde o PP, neste momento os sedimentos diminuíron a profundidade do acceso ás instalacións portuarias de tal xeito que os pesqueiros se ven obrigados a esperar a preamar para acceder ao porto, situación que tamén afecta ás embarcacións  recreativas

As operacións de dragado do canal, da dársena e do acceso ás instalación coñecidas como Porto Chico servirán para conseguir un maior calado e máis seguridade para as embarcacións e os usuarios das instalacións marítimo pesqueiras.

Exit mobile version