Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo di que o reparto dos folletos foi realizado por afiliados e simpatizantes fóra do seu horario laboral

Nota de Prensa

O reparto dos folletos sobre sanidade foi realizado por afiliados e simpatizantes do PP de Cervo, con distintas ocupacións profesionais e sempre fóra do seu horario laboral, facendo uso lexítimo da súa liberdade
ESTUA INTENTA “ENSUCIAR E DESPRESTIXIAR” AOS MILITANTES DO PP CANDO PRECISAMENTE EL PERCIBE  UN SALARIO DE 24 MIL EUROS ANUAIS DA DEPUTACIÓN “PERO TRABALLA NA SEDE DO BNG DE FOZ”

A Mariña, 23 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Cervo quere clarexar que o reparto dos folletos que esta formación política está a distribuír para dar conta das mentiras que emprega a plataforma sanitaria sobre o Hospital da Costa, se realiza de xeito exclusivo por militantes e simpatizantes desta formación política, que en uso da súa liberdade deciden colaborar co partido do que forman parte.

Os encargados da distribución do folleto polas vivendas teñen distintas ocupacións profesionais, algún deles trallaba no Concello de Cervo pero en  todo caso, é cómpre subliñar este feito, desenvolveron esta  tarefa fóra do seu horario laboral, -máis en concreto, no día de onte, a partir das 20.30 horas-.

Os populares lamentan que o voceiro nacionalista teña actitudes tan sectarias e antidemocráticas como as que se desprenden das súas acusacións, pois dalgún xeito, pode parecer que o BNG limita o dereito de participación política ás persoas en función de cal sexa o seu posto de  traballo. Desde o  PP insisten en que fóra do seu horario laboral, cada quen é libre de colaborar co partido político, asociación e colectivo que lle pete.

ESTUA COBRA DA DEPUTACIÓN DE LUGO E TRABALLA NA SEDE DO BNG

No PP de Cervo consideran especialmente rechamante que a persoa que vén de denunciar esta situación –o voceiro nacionalista Xoán Antón Estua-  é precisamente o menos indicado para falar deste asunto, xa que precisamente el está a percibir máis de 24 mil euros anuais sufragados directamente pola Deputación de Lugo, -insistimos directamente do organismo provincial- todo a pesar de que é publico e notorio que o seu posto de traballo o desenvolve desde a sede do BNG de Foz.

Os populares entenden que o que ten que explicar  non só aos veciños da Mariña senón ao do resto da provincia esta situación é o propio Xoan Antón Estua que está a recibir un salario público para facer un traballo partidista, exclusivamente político e ademais en dependencias alleas ás da Deputación provincial. Máis de 70 mil euros de fondos provinciais –nos últimos tres anos- para beneficio do BNG.

Segundo os populares cervenses aquí é posible  aplicar o refrán de “pensa o ladrón que todos son da súa condición” e como Éstúa está a empregar o seu posto de traballo como empregado  público para facer política, intenta ensuciar e desprestixiar a outras persoas e partidos que cumpren  de xeito escrupuloso o seu traballo, e que colaboran con partido no que militan no seu tempo libre,  fóra do horario laboral.

Exit mobile version