Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reitera o seu descontento coa política deportiva do concello

NOTA DE PRENSA:
González Barcia: “o concello, que pague o que lles debe ós clubes deportivos”.

O portavoz popular considera que a política deportiva do bipartito “é un fracaso porque nada fixeron”.

Barcia cré que a política deportiva do bipartito “non tén futuro: xa é tarde para cambiar”.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, denunciou hoxe, unha vez mais, que “o bipartito burelés ainda non abonou nin un só euro dos convenios asinados cos clubes deportivos para as respectivas escolas deportivas para a presente temporada”. Barcia afirma que “o importe total ascende a cincuenta e cinco mil euros, e deberían de pagarse nestas datas, porque é cando rematan as escolas deportivas”.

Para o portavoz popular, esto significa “un absoluto fracaso da política deportiva do bipartito burelés, fracaso que tén antecedentes: cero euros en investimento en dotacións deportivas, agás as placas fotovoltaicas recentemente colocadas; cero euros de apoio ós clubes salvo as escolas deportivas, e moita foto e propaganda para facerse ver sen facer nada”.

Pero fundamentalmente “hai que destacar que o bipartito dixo a bombo e platillo que as escolas deportivas serían sempre gratis; e minteu e enganou, porque en algunhas hai que pagar, porque o que aporta o concello non chega e por riba o concello non cumple o que asinou”.

González Barcia lembrou que “as ampliacións do pavillón Vista Alegre foron obra do PP; o pavillón dos institutos foi obra do PP; a acometida de enerxía eléctrica á Marosa fíxoa o PP; a obra do novo campo de fútbol de Burela, ainda que algún pense que é cousa súa, é froito do traballo do PP e da Xunta de Núñez Feijoo, e a falta de axudas municipais desde a concelleira que pasará á historia por ser a concelleira que deixou sen axudas ós colectivos culturais e deportivos é mais que evidente”.

O edil popular pídelle ó bipartito que faiga as xestións oportunas para facer os pagos dos convenios coa maior celeridade posible: “os clubes teñen problemas de liquidez, e o concello nun cumple cos seus compromisos”.

Ademais, segundo Barcia, “a ausencia de compromiso co deporte de base é evidente: agora mesmo, o risco de que o equipo cadete da S. D. Burela, que ascendeu este ano á liga galega, non poida participar na citada liga, é real, e o concello non ten intención de facer nada. É unha pena que os chavales e o clube traballen todo o ano para posiblemente nada”.

Desde o PP, piden que o concello redefina as súas liñas de colaboración co deporte, orientadas fundamentalmente a cumplir cos compromisos que se adquiren, e a apoiar ó deporte de base. Con todo, consideran que “a política deportiva do bipartito non tén futuro, xa é tarde para rectificar”.

Exit mobile version