Nota de Prensa
ROLDA DE PRENSA
González Barcia reunirase com Vivenda para “estudiar posibles solucións, legais, para as Casas Baratas”.
O portavoz popular quere coñecer o estado do proxecto do teito das vivendas do Río.
Barcia: “que o alcalde se queixe porque tentamos buscar solucións para Burela, demostra a súa incompetencia política”.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, reunirase o vindeiro luns em Santiago co Director Xeral de Vivenda da Xunta de Galicia, Antonio Boné, para buscar solucións, que pasen polo cumplimento da lei, para as vivendas das Casas Baratas, e tentar coñecer o estado de elaboración do proxecto de reposición do teito das vivendas de protección da Rúa do Río.
González Barcia manifestou que o teito das vivendas da Rúa do Río será substituído, pero non se atreveu a comprometer prazos, en tanto en canto non remate a redacción do proxecto e se faigan os trámites administrativos pertinentes.
No que se refire ás actuacións nas Casas Baratas, Barcia indicou que “resulta lamentable que o bipartito burelés ainda non teña explicado por que a Xunta de Touriño e Quintana non adxudicou e nin tan siquera licitou as obras das que tanto falaron: tempo tiveron, pero non o fixeron, co que lagarto, lagarto, e as explicacións sen dar”.
Igualmente, Barcia deixou claro que “o PP no Parlamento xa propuxo unha solución, que PSOE e BNG rexeitaron; eles deberán explicar por que. Con todo, iremos a Santiago para ver se hai máis solucións, e pedirlle á Xunta que as estudie”.
Barcia lamentou tamén que o alcalde se queixe das xestións que fai o P: “Nós xa adiantamos que somos oposición responsable, e que buscamos solucións para os problemas que vemos e nos transmiten. Falta a primeira vez que o alcalde se dirixa a nós para pedirnos colaboración. E tampouco estamos dispostos a aceptar ningunha crítica de quen se colaba em comidas e actos oficiais sem ser tan siquera candidato de nada”.
Finalmente, Barcia indicou que “seguiremos traballando por Burela, lle pese a quen lle pese, porque os nosos votantes,e os que non nos votan tamén, así o piden. Outros están na pancarta, na descalificación, e facendo oposición da oposición en vez de mirar por Burela. ¿Como pode ser de fiar alguén que ainda non convocou o pleno do mes de Xuño, que tiña que celebrarse o pasado día vintecatro?”