Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela cualifica de despilfarro destinar preto de 18 mil euros do Plan E ó curso de jazz

NOTA DE PRENSA

O GMPP: “Coa que está caendo, destinar casi tres millóns de pesetas do Plan E ó curso de jazz é un despilfarro”.

Os populares pregúntanse canto custará  o curso porque tamén se cobra matrícula.

Piden “solucións de crisis para épocas de crisis”.

O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa o seu rechazo á forma de financiación do curso de Jazz e música moderna que se vai celebrar en Burela durante o verán, porque “destinar cáseque tres millóns de pesetas do Plan E para o indicado curso é un despilfarro. Exactamente 17.500’00€, que se poden ver na páxina web do Plan E”.

Os populares queren deixar claro que están a favor da realización do curso de jazz, pero entenden que “en épocas de crisis, hai que dar solucións de crisis”. Por eso plantexan como petición, “para que logo non digan que non facemos propostas, que este curso debería celebrarse de forma máis modesta, incluso cunha reducción do tempo lectivo, de certos concertos, etc., de forma que se poida facer cun custo sensiblemente inferior”.

Desde o GMPP afirman que “os veciños non entenden que se poida gastar cáseque tres millóns de pesetas nun curso deste tipo, e que se tarde nove meses en pagar as axudas dos corenta euros de principio de curso. Agora mesmo hai suficientes buratos no concello onde meter todo ou parte dos tres millóns de pesetas que vai custar este curso de jazz”.

Igualmente, pregúntanse canto custará realmente o curso de jazz, porque tamén se lles vai cobrar ós participantes unha matrícula de inscripción que vai desde os vinte euros ós oitenta. Ante esto, desde o GMPP anuncian que pedirán as facturas correspondentes a este curso, porque “xa que vai custar tantos cartos, alomenos que se gasten con sentidiño”.

Desde o PP consideran que “ainda se está a tempo de reconducir este tema, e realizar o curso de jazz cun gasto menor ainda que eso supoña un recorte dos contidos do mesmo, porque a situación de crise que estamos a vivir non dá para luxos e despilfarro”.

Exit mobile version