Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP da Mariña segue coa guerra de cifras sobre a manifestación pola sanidade pública

NOTA DE PRENSA:
Malia o despregue de medios sen precedentes empregado para mobilizar á xente (autobuses gratis, megafonía, pancartas, folletos, pegatinas,…) os veciños da comarca non se deixaron enganar coas mentiras sobre o futuro da sanidade protagonizadas polos convocantes
MENOS DO 1% DA POBOACIÓN DE REFERENCIA DO HOSPITAL DA COSTA SECUNDOU A MANIFESTACIÓN DA PLATAFORMA SANITARIA

* O reducido da participación é maior se temos en conta que máis da metade dos manifestantes eran de fóra da Mariña, chegados en autobuses gratuítos procedentes de O Barco, Monforte e Vigo.

A Mariña, 28 de xuño de 2010.- O Partido Popular da Mariña vén de salientar que menos do 1% da poboación de referencia do Hospital da Costa secundou a manifestación convocada o pasado sábado pola plataforma sanitaria. A reducida participación no acto de protesta que tivo lugar en Burela, tendo en conta o despregue de medios sen precedentes empregado polos convocantes (autobuses gratuítos, megafonía, pancartas, folletos, pegatinas, chamamentos de colectivos afíns, … etc) vén a poñer de relevo que os veciños da Mariña non se deixaron enganar coas mentiras sobre o futuro da sanidade na comarca que protagonizadas pola plataforma e polos partidos políticos que a secundaron. “Non se pode convocar unha manifestación con mentiras, e alí estivo a causa do fracaso dos manifestantes” – conclúen os populares.

Segundo o Partido Popular significa os manifestantes non lograron encher a praza da Mariña, sita no centro da vila de Burela. Este espazo atestado de xente albergaría unhas 2.700 persoas (calculando 3 persoas por cada metro cadrado dos 900 que ten a praza). O número total estaría no entorno das 1.500 persoas, moitas menos aínda da nosa propia comarca, se temos en conta que, segundo explican desde o PP, máis da metade deles eran de fóra da Mariña, chegados en autobuses que a plataforma habilitou de balde desde Monforte, O Barco ou Vigo.

Tamén supuxo un fracaso de mobilización “moi particular” para PSOE e BNG que, salvo os seus correlixionarios máis habituais, non lograron convencer nin a súa propia militancia, polo que tiveron que acudir tamén a xente chegada desde as agrupacións de socialistas e nacionalistas de fóra da Mariña. Os mariñáns deron mostras de estar cansos da manipulación política que da sanidade pretenden facer desde as dúas formacións políticas do malogrado bipartito.

Exit mobile version