Site icon Crónica3.com A Mariña

O portavoz do PP de Burela di que non abordou ao ministro de Fomento

NOTA DE PRENSA

González Barcia: “o alcalde dá pena. Tenta tapar a súa irresponsabilidade mentindo sobre a miña conversa con Blanco”.

“Moito falar de min, pero, ¿por onde vai pasar o corredor Barreiros-San Cibrao e cando se vai facer?”.

O portavoz popular afirma que o PP seguirá decindo o que pensa que tén que decir.

José  María González Barcia, portavoz do GMPP de Burela, afirmou hoxe que “dan pena os argumentos do alcalde para explicar a visita de Blanco e da pena o propio alcalde, tentando desviar a atención hacia a miña persona pola pequena conversa que mantiven co ministro”.

González Barcia desexa clarexar primeiramente que “en ningún caso houbo pola miña parte ningún abordaxe; agardei a que o ministro chegase á miña altura, a medio camiño entre a rúa e o propio concello, deume a man e aproveitei para expresarlle brevemente a preocupación do PP de Burela sobre os máis que posibles recortes que vai levar a cabo Fomento e que poden afectar a obras que inciden en Burela. E teño que decir que o ministro escoitou atentamente hasta que o propio alcalde o agarrou polo brazo, levándoo con certa brusquedade, ainda que o ministro, nun xesto que o honra, deuse a volta para rematar a conversa. Máis ainda, na comparecencia ante os medios o propio Blanco citou implicitamente a nosa petición. Polo tanto, nada de abordaxe, nada de mala educación e sí moita imaxinación na mente do alcalde. Hai fotos e imaxes de televisión que acreditan que quen minte é o alcalde”.

González Barcia lamentou que o alcalde, unha vez mais, desvíe a atención hacia outra persoa, “neste caso, eu. O certo é que Blanco non deu datas de construcción do corredor Barreiros-San Cibrao, non deu datas para os tramos paralizados na A-8, e non confirmou que o edificio de Capitanía se vaia facer. Por non decir, non dixo que as alegacións de Burela sobre o corredor se terían en conta, e polo tanto a día de hoxe non sabemos por onde vai pasar. Tampouco houbo a tan cacareada reunión co ministro que o alcalde nos tiña anunciada. E esto é o que lle importa ós cidadáns, o realmente importante, e por desgracia o que xa forma parte do debe do alcalde, unha persoa absolutamente fracasada a nivel político nos tres anos que leva no cargo, e que nunca ten a culpa de nada”.

Alcalde fracasado, segundo Barcia, como o demostra que non sexa capaz de que a Deputación faiga as obras na travesía no Perdouro, ou que tente esconder o papelón que fixo na selección de persoal do Pacto polo Emprego, e que mesmo ainda non ordenou pagar os cartos que se lles adebedan ós clubes deportivos polas escolas municipais; o mesmo alcalde que tardou nove meses en pagar as axudas dos corenta euros”.

O portavoz do PP afirmou que “con estas manobras, o alcalde e o PSOE volven a tentar amordazarnos ó PP en xeral e a min en particular, a base de descalificacións persoais, que o único que demostran é que o alcalde e o PSOE están mui nerviosos. Nós temos  a obriga de falar con todo o mundo, e eu como portavoz do meu grupo tamén, mesmo cos ministros, e de transmitir as inquedanzas dos veciños porque así o quixeron os cidadáns, que nos deron a maioría dos votos nas eleccións municipais de 2007”.

Barcia rematou indicando que “o alcalde é o menos indicado para falar de bos modales e de educación, porque ademais de mentir con respecto á visita de Blanco, nada se pode agardar de quen, sen ser nada, nin tan siquera candidato oficial do PSOE, chegou a colarse nunha comida coa entón conselleira Caride, e asistiu, sen que ninguén o invitara, a certos actos oficiais nos que participaron cargos da Xunta bipartita, insisto, sen ser nin tan siquera candidato oficial do PSOE. E se se atreve, que me responda: como se lle chama a quen así se comporta?”.

Exit mobile version