Site icon Crónica3.com A Mariña

O piragüista David Cal, que adestra en Riocobo, visitou o centro de ensino infantil de Galdín, en Cervo

SAN CIBRAO .- O piragüista e medallista galego, David Cal, visitou aos alumnos do centro de ensino infantil e primaria Cervo Nº1 ubicado en Galdín. O canoísta natural de Cangas do Morrazo fixo un alto na súa preparación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 que está a desenvolver no embalse de Rio Cobo

Nota de Prensa

DAVID CAL COMPARTE UNHA XORNADA COS ALUMNOS DO COLEXIO DE SAN CIPRIÁN

Cervo, 21 de xullo de 2010.- O piragüista e medallista galego, David Cal, visitou este mediodía aos alumnos do centro de ensino infantil e primaria Cervo Nº1 ubicado en Galdín (San Ciprián). O canoísta natural de Cangas do Morrazo fixo un alto na súa preparación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 que está a desenvolver no embalse de Rio Cobo para compartir uns momentos cos rapaces e rapazas deste centro educativo e para dar a coñecer o deporte do piragüismo entre os máis novos.

Na xuntanza os cativos interesáronse polos distintos aspectos da vida dun deportista de elite coma é Cal e aproveitaron a oportunidade solicitarlle cada un deles un autógrafo.

No acto o olímpico galego estivo acompañado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares e polas concelleiras de Educación, Yolanda García; e de Medio Ambiente, Pilar Armada; ademais do seu adestrador e de varios responsables do Club Deportivo San Ciprián, os cales deron a  coñecer aos nenos e nenas a próxima organización de cursiños de piragüismo para eles no encoro de Río Cobo a partires do vindeiro mes de xullo.

Exit mobile version