SAN CIBRAO .- O piragüista e medallista galego, David Cal, visitou aos alumnos do centro de ensino infantil e primaria Cervo Nº1 ubicado en Galdín. O canoísta natural de Cangas do Morrazo fixo un alto na súa preparación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 que está a desenvolver no embalse de Rio Cobo
Nota de Prensa
DAVID CAL COMPARTE UNHA XORNADA COS ALUMNOS DO COLEXIO DE SAN CIPRIÁN
Cervo, 21 de xullo de 2010.- O piragüista e medallista galego, David Cal, visitou este mediodía aos alumnos do centro de ensino infantil e primaria Cervo Nº1 ubicado en Galdín (San Ciprián). O canoísta natural de Cangas do Morrazo fixo un alto na súa preparación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 que está a desenvolver no embalse de Rio Cobo para compartir uns momentos cos rapaces e rapazas deste centro educativo e para dar a coñecer o deporte do piragüismo entre os máis novos.
Na xuntanza os cativos interesáronse polos distintos aspectos da vida dun deportista de elite coma é Cal e aproveitaron a oportunidade solicitarlle cada un deles un autógrafo.
No acto o olímpico galego estivo acompañado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares e polas concelleiras de Educación, Yolanda García; e de Medio Ambiente, Pilar Armada; ademais do seu adestrador e de varios responsables do Club Deportivo San Ciprián, os cales deron a coñecer aos nenos e nenas a próxima organización de cursiños de piragüismo para eles no encoro de Río Cobo a partires do vindeiro mes de xullo.