Site icon Crónica3.com A Mariña

O ministro de Fomento, o presidente da Deputación e o delegado do Goberno asistiron a XI Xuntanza Socialista de Cervo

Nota de Prensa

O MINISTRO DE FOMENTO PARTICIPOU NA XI XUNTANZA SOCIALISTA DE CERVO
MAIS DE 400 PERSOAS PARTICIPARON NA CITA ANUAL, ONDE ADEMAIS DOS ALCALDES SOCIALISTAS DA MARIÑA, ASISTIRON O PRESIDENTE DA DIPUTACIÓN, O DELEGADO DO GOBERNO, O ALCALDE DE LUGO, RICARDO VARELA  E MAR BARCÓN.
CERVO, 01 DE XUÑO.  A agrupación socialista de Cervo celebrou o pasado sábado a tradicional xuntanza socialista, que este ano celebrouse no paraxe natural de Sargadelos. Pese a crise, foron moitas as persoas que participaron na cita anual dos socialistas de Cervo, que é posible grazas ao traballo dos militantes e simpatizantes da agrupación, posto que son eles os encargados de asumir a organización, a montaxe e  o servizo das mesas nesta tradicional xuntanza.
Crise económica
Na xuntanza deste ano, o ministro de fomento, José Blanco, centrou o seu discurso na situación actual da crise en España e Europa e explicou as medidas adoptadas polo executivo, unhas medidas que foron difíciles tomar, pero que son necesarias nestes momentos debido a magnitude da actual crise.
Infraestructuras

O ministro recordou as obras que se están a executar no concello con cargo aos fondos do ministerio, coma a eliminación do punto negro en Río Cobo, e as que afectan aos veciños da Mariña coma a apertura no 2011 de dous tramos da A-8, Barreiros-Vilamar y Vilamar-Lourenzá. Blanco, refireuse tamén ao estudo informativo do tramo estatal do corredor San Cibrao-Barreiros e asegurou que «ten o máximo interés en contratalo canto antes», pero reiterou que previamente é necesario definir o proxecto.
Blanco volverá  a Cervo, con Lara Méndez coma alcaldesa
Por último, José  Blanco animou a agrupación de Cervo, a escoitar as necesidades dos veciños e a traballar arreo por eles, ignorando as críticas destrutivas e estériles do PP. Anunciou que o ano próximo, “volverá a Cervo, con Lara Méndez coma alcaldesa”.

Exit mobile version