BURELA.- As once e media da noite rematou a sesión de pirotecnia no espigón do peirao de Burela e deu paso a verbena que amenizaron a orquestra “Montes” e “Aché” no recinto das festas. Remataba así a tradicional procesión coa que se baixa a imaxe desde a igrexa ao porto de onde partirá a procesión marítima.
O mal tempo non foi impedimento maior para que veciños de Burela engalanaran con alfombras de flores e encheran de color as rúas polas que descorreu a procesión. Toda unha tradición que puideron contemplar os centos de persoas que participaron como espectadores. A celebración continúa ata o martes.
Programa
DOMINGO 6 de Xuño
11 h. Pasarrúas a cargo da A.M. “Stmo. Cristo de Gracia” de Córdoba e Banda de Gaitas “Faro de Luarca”
12 h. Misa cantada por “Escolma de Meus” no Porto e procesión marítima acompañada pola A.M. “Stmo. Cristo de Gracia” de Córdoba e Banda de Gaitas “Faro de Luarca”
14 h. Sesión Vermú coa orquestra “Palladium” (Recinto das Festas)
17-20 h. Pasarrúas a cargo da A.M. “Stmo. Cristo de Gracia” de Córdoba e Banda de Gaitas “Faro de Luarca”
22,30 h. Verbena coas orquestras “Palladium” e “Jerusalén” (Recinto das Festas)
LUNS 7 de Xuño
12 h. Procesión de subida das Imaxes, acompañadas polo Grupo de baile e música de Ledicia. Misa cantada por “Escolma de Meus” na Igrexa Parroquial.
14 h. Sesión Vermú (Recinto das Festas)
17-20 h. Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Dambara de Burela
22,30 h. Verbena coas orquestras “Philadelphia” e “Panorama” (Recinto das Festas)
Fogos artificiais
MARTES 8 de Xuño
12h. Ofrenda Floral no Porto