Site icon Crónica3.com A Mariña

Un programa de eficiencia enerxética do concello de Cervo adica a alumeado 365 mil euros dos fondos estatais

CERVO .- O Concello de Cervo inviste 365 mil euros na modernización dos alumeados en distintas rúas dos distintos núcleos de poboación do municipio, con cargo ao Fondo Estatal de Inversións Locais do ano 2010, para o que creou o Programa Municipal de Aforro e Eficiencia Enerxética

Nota de Prensa

DERON COMEZO NO NÚCLEO DE CERVO OS TRABALLOS PARA O AFORRO ENERXÉTICO DO ALUMEADO PÚBLICO

Cervo, 3 xuño de 2010.- Onte deron comezo no núcleo de Cervo os traballos do Programa Municipal de Aforro e Eficiencia Enerxética dos alumeados públicos deste municipio.

Esta actuación -iniciada hai un mes no núcleo de San Ciprián- consiste na modernización dos alumeados en distintas rúas dos distintos núcleos de poboación do municipio e contan cun orzamento de preto de 365.000 euros financiados a través do Fondo Estatal de Inversións Locais do presente ano 2010.

Segundo indicou o rexedor cervense, Alfonso Villares, con esta actuación o Concello pretende así paliar as feroces subas dos recibos da luz das compañías eléctricas mediante a mellora e a modernización das instalacións e tendidos de luz, “para conseguir así reducir ao máximo o noso consumo de enerxía eléctrica, xa que este gasto é un dos máis importantes para as nosas arcas municipais” indicou.

O Programa Municipal de Aforro e Eficiencia Enerxética dos alumeados públicos de Cervo ten por obxecto a modernización dos sistemas lumínicos dos tendidos municipais nunha vintena de puntos de Cervo, San Ciprián, Lieiro, Castelo, Río Cobo, Espiñeirido, Daián, A Ruela, Gondrás ou O Penido entre outros. Con el, o grupo de Goberno municipal persegue racionalizar o uso da enerxía con instalacións de maior eficiencia enerxética encamiñadas a reducir e optimizar o consumo de electricidade en términos unitarios, pero sen reducir o nivel de servizos que presta aos veciños do termino municipal.

“Esperamos poder  racionalizar o uso da enerxía con instalacións de maior eficiencia enerxética que van encamiñadas a reducir e optimizar o consumo de electricidade en términos unitarios, pero sen reducir a calidade do servizos que prestamos aos cervenses” salientou o alcalde.

Exit mobile version