Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo oferta unha praza de operario para a roza do Camiño de Santiago

RIBADEO (FNC) .- O Concello oferta unha praza de operario para a roza de silvas no Camiño de Santiago. O contrato realizarase pola modalidade de obra ou servizo determinado durante 3 meses a xornada completa. Entre os requisitos que se esixen figuran estar en posesión do certificado de estudios primarios ou de escolaridade e o carnet de conducir da clase B. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo, noutras administracións públicas ou en empresas privadas de Ribadeo ou de fora do termo municipal en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta.

Os interesados poden presentar no rexistro xeral de entrada do Concello toda a documentación esixida ata as 14 horas do vindeiro 14 de xuño. As probas de selección terán lugar o 16 de xuño ás 10 da mañá no Concello de Ribadeo.

Exit mobile version