RIBADEO (FNC) .- O Concello colocou na Praza de España e nas rúas Ramón González e San Roque tres paneis informativos con depósitos para a reciclaxe de pilas, bombillas e cds. Horacio Cupeiro sinala que obxectivo é ofrecer un novo servizo aos veciños para que fagan unha boa xestión dos residuos.
O concelleiro de Medio Ambiente sinalou que “nas últimas horas colocamos uns paneis informativos con utilidade medio ambiental, financiados a través da Xestión do Mecenazgo. Ditos paneis levan un depósito de reciclaxe onde poderán ir pilas de todo tipo, o tóner doméstico das impresoras, as bombillas e os cds. E pola parte alta conteñen por unha cara a publicidade que paga a empresa comprometida con Xestión do Mecenazgo e pola outra a información que poidamos colocar desde o Concello en cada momento”.
Cupeiro explicou que “foron colocados na Praza de España, Ramón González e San Roque. Queremos dar así un novo servizo máis aos veciños de Ribadeo de cara a facer unha boa xestión dos residuos”.