Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo iniciará o roce das estradas da Deputación e da Concentración Parcelaria

RIBADEO (FNC) .- O Concello iniciará nos vindeiros días o desbroce nas estradas da Deputación e nas pistas da concentración parcelaria, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente.

Horacio Cupeiro sinala que “nos próximos días imos empezar a desbrozar tanto as cunetas da Deputación como as de concentración parcelaria cun novo tractor. Quero recordar que o noso está traballando durante todo o ano de 8 a 15 horas e agora nos meses estivais tamén o fará pola tarde”.

O edil nacionalista subliña que “non fixemos estes desbroces nin en maio nin a principios de xuño porque co que estivo a chover a herba, os toxos e as silvas voltarían a medrar e as cunetas xa estarían cheas de maleza en pouco tempo”.

Polo que se refire á zona do casco urbano, Cupeiro di que “nas praias, paseos e demáis agora temos unha brigada de catro persoas que contratamos que están a traballar de forma intensiva e xa se empeza a ver que todo está preparado para que cando veñan os veraneantes vexan que temos todo limpo e para que poidan e poidamos disfrutar dos xardíns, dos parques e das áreas recreativas que temos. Este ano é un ano moi difícil, de moita choiva e de crise, pero queremos ter todo o mellor posible”.

Exit mobile version