Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo reparte colectores aos inscritos no Proxecto de compostaxe doméstico

CERVO .- O Concello está procedendo ao reparto dos 30 colectores asignados para este municipio dentro do programa piloto posto en marcha por Sogama en colaboración con varios municipios da Mariña.

Nota de Prensa

O PROXECTO DE COMPOSTAXE DOMESTICO INSTAURADO NO CONCELLO CHEGA AOS CIDADÁNS DE CERVO

* Ao longo destes días estase facendo entrega dos composteiros aos inscritos no Proxecto de compostaxe doméstico

Cervo, 9 xuño de 2010.- A concelleiro de Medio Ambiente do Concello de cervo, Pilar Armada, agradeceu hoxe o interese mostrado entre os veciños do municipio para participar no Proxecto de compostaxe domestico instaurado no concello en colaboración coa Sociedade Galega de Medio Ambiente, SOGAMA.

A edil indicou que ao longo destes días o Concello está procedendo ao reparto dos 30 colectores asignados para este municipio dentro do programa piloto posto en marcha por Sogama en colaboración con varios municipios da Mariña.

“Ata o momento levamos distribuídos 22 dos 30 que se nos asignou inicialmente e estamos á espera de recibir os oito que restan para poderllos dar ás persoas que os demandaron” indicou Armada. Ademais, dixo que estaban en conversas cos responsables do programa para tentar acadar máis composteiros “e poder así cubrir algunha posible demanda que se nos poida presentar a maiores”.

Neste sentido a responsable de Medio Ambiente indicou que a gran maioría dos interesados en participar neste programa de compostaxe doméstica son veciños particulares, aínda que tamén está previsto repartir composteiros nos dous colexios do municipio.

A distribución de composteiros entre os veciños participantes na iniciativa estivo precedida dunha campaña divulgativa para dar a coñecer este programa piloto de reciclaxe doméstica. Ademais, está previsto que o persoal municipal encargado do seguimento deste programa faga periodicamente visitas “porta a porta”, para comprobar o proceso en cada unidade familiar e corrixindo as posibles malas prácticas ou solucionar dúbidas ao respecto.

Exit mobile version