BURELA (FNC) .- O Concello recolle as demandas dos veciños afectados polas chuvias da semana pasada. Toda a información recollida nos vindeiros días formará parte do expediente que prepara Burela para remitirlle ás diferentes administracións e no que solicitará axudas económicas para facer fronte aos danos causados polo temporal.
O alcalde, Alfredo Llano, asegura que “estamos vendo de novo as desfeitas que fixo o temporal e estamos tratando de facer unha valoración ainda que non é fácil nin facela nin cuantificala. O que fixemos foi abrir unha canle de comunicación no Concello para que os veciños afectados cubran un impreso especificando os danos que sofriron e que soliciten unha valoración por parte do técnicos ou axudas para palialos. Toda a información que recollamos, ademáis de fotografías, peritaxes, etc, formará parte do expediente que lles remitiremos ás diferentes administracións en demanda de partidas económicas para afrontar este desastre”.
O rexedor suliña que “Burela recupera a normalidade pouco a pouco. Hoxe estamos percorrendo as zonas afectadas na Casilla, en Vila do Medio… hai bastantes danos, queremos analizar cómo se pode facer unha reposición rápida das infraestructuras danadas e tentar voltar á normalidade o antes posible, ainda que somos conscientes de que nos levará bastante tempo. A cantidade enorme de area e de materia vexeral que se desprazou tupíunos cañerías e sumidoiros sobre todo na zona portuaria na parte que comunica coa EDAR, aí teremos traballo para varios días porque hai que facer unha limpeza urxente e non é doado. A ver si entre as axudas que poidamos recibir da Xunta e da Deputación ademáis do que poida aportar o Concello logramos facelo nun tempo récord”.
En Burela seguen neste luns os traballos de limpeza “para deixar todo igual que antes do temporal”, explica Llano.