BURELA (FNC) .- O vindeiro 30 de xuño ás 20 horas en Soutomaior o Concello recibirá o premio que lle outorgou a Fundación Lois Peña Novo pola súa difusión do galego a través do denominado Modelo Burela.
O alcalde lembra que “o Concello foi galardoado pola divulgación do galego a través do Modelo Burela. Como calou forte na Fundación Lois Peña Novo otorgáronnos ese premio e alí iremos os membros da comisión de seguimento do Modelo Burela, ademáis de asociacións e veciños para que nos acompañen ata o Castelo de Soutomaior”.
No acto participarán o presidente da Real Academia Galega, o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o rector da Universidade de Vigo, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, o secretario xeral de Política Lingüística, o presidente da Fundación Lois Peña Novo e o alcalde de Soutomaior.
Alfredo Llano sinalou que “agora acabamos de recibir 25 invitacións para asistir a ese acto e para distribuir en Burela. O premio é moi importante e é unha homenaxe á xente que deseñou e desenvolveu o Modelo Burela de difusión e divulgación do galego entre os nosos veciños”.