Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela inviste 42 mil euros en obras de mellora de beirarrúas e alumeado

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela comezou as obras de pavimentación de beirarrúas e a instalación do alumeado público na Avenida da praia de A Marosa, unha actuación que suporá un investimento de máis de 42.000 euros achegados entre o Concello, Deputación de Lugo e Estado, dentro do Plan de Obras e Servizos de 2009.

Segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech, “esta obra supón o inicio da resolución ás necesidades desta zona, xa que a rúa é o acceso principal á zona deportiva (campos de fútbol e pistas de tenis) así como á praia de A Marosa e ao paseo marítimo, cunha alta afluencia de viandantes”.

O edil socialista sinala que “as obras a realizar consisten na execución de beirarrúas nun dos laterais da avenida mediante soleira de formigón en dous tramos de 239 e 109 metros respectivamente e  dotarase de baldosa hidráulica de cemento acabado superficial en releve. En todo o tramo, farase así mesmo a canalización correspondente para a instalación de alumeado público, que unirá once arquetas e bases de báculos previstos para a iluminación do vial”.

Pascual Doménech engade que “esta actuación enmarcase dentro da mellora de infraestructuras e equipamentos públicos, premisa básica para esta Delegación de Obras e Servizos,  e así imos dando resposta, dentro das nosas competencias, ao crecemento do concello e á necesidade de manter a rede viaria en bo estado”.

Exit mobile version