BURELA (FNC) .- Concello e asociación de enfermos mentais da Mariña asinaron esta mañá un convenio para colaborar na realización dun taller de ebanistaría ata finais de ano.
A concelleira de Sanidade e Formación, Sonia Fraga, explicou que “o Concello participa cunha partida económica nese taller que xa se estaba a desenvolver na asociación. Cremos que é unha actividade moi importante e de grande motivación para este colectivo a nivel laboral e de formación, fan mobiliario, restauración de mobles…”.
A edil socialista engadiu que “o convenio vai ata decembro e ao rematar estase a traballar na posibilidade de que estes rapaces expoñan o seu traballo para que todo o mundo coñeza a súa actividade na que ademáis pode colaborar o resto da xente”.
Na sinatura do convenio participaron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, a edil de Formación, a presidenta da asociación e a traballadora social.