Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros avalía e documenta os danos do temporal para cuantificalos

BARREIROS (FNC) .- Barreiros segue a evaluar os danos causados polo temporal da chuvia da semana pasada, mentras a situación volta á normalidade.

O alcalde, Alfonso Fuente, suliñou que “hoxe pola mañá o responsable de Protección Civil no Concello e o perito municipal están visitando as parroquias e documentando todos os danos con fotografías. Eu tamén estou percorrendo Barreiros e escoitando todo o que me están a contar os veciños”.

Fuente Parga reunirase co persoal municipal “sobre as dúas da tarde para analizar todo o que vimos agora que hai menos auga nalgunhas zonas e que observamos todo o que saiu á luz e sobre as cinco poderemos ter xa unha primeira valoración económica”.

Os problemas no abastecemento de auga que sofriron os veciños de Barreiros despois do temporal quedaron xa subsanados na tarde do pasado venres

Exit mobile version