BARREIROS (FNC) .- Os técnicos do Concello de Barreiros seguen a avaliar os danos causados polo temporal. Segundo ven de explicar o alcalde, Alfonso Fuente, “ainda estamos analizando esta tarde os destrozos causados no embalse da Barranca e tamén nas pistas de San Esteban de Ermo. De momento levamos algo máis de 275.000 euros cuantificados”.
O rexedor explica que “aquí non están incluidos os importantes desperfectos que sufriu a estrada N-634 porque é Fomento o que está con eles. Están localizados en San Miguel, en San Pedro e tamén en San Cosme”.