Nota se Prensa
O CONSELLO LOCAL DO BNG RECRIMINOU A ACTITUDE DO ALCALDE POR NON QUERER ADIAR A CELEBRACIÓN DO PLENO DE ORZAMENTOS POLA AUSENCIA DO CONCELLEIRO NACIONALISTA QUE ACUDIRÁ A UNHA OPERACIÓN CIRÚRXICA GRAVE DUNHA FAMILIAR MOI CERCANA
Os nacionalistas acusaron a Villares de rastreiro e inhumano por non querer atrasar uns días un pleno que debería terse celebrado fai seis meses
Os dous partidos da oposición solicitaron de xeito oral e escrito o traslado de data desta sesión para permitir a presenza na sesión do concelleiro nacionalista
Cervo, 24 de xuño de 2010. O BNG recriminou a actitude inhuman do alcalde de Cervo que non quixo adiar a celebración dun pleno ordinario previsto para o venres 25 ao coincidir cunha operación grave da nai do concelleiro nacionalista, Xoán Antón Estúa. Os nacionalistas que pediron tanto de forma oral como escrita o traslado deste pleno a outra data foron acompañados nesta solicitude polos representantes do PSdeG-PSOE, atopándose en ambos casos coa negativa do alcalde.
Villares cambiou do xoves ao venres a celebración do pleno e non quixo adiar a data da sesión para permitir a presenza do portavoz nacionalista.
O BNG fixo responsábel ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares, de non contar coa representación da formación nacionalista no pleno onde se debaterán os orzamentos municipais para 2010, o mais importante do ano. Os nacionalistas acusaron a Villares de falta de humanidade e respecto polas persoas ao non querer adiar a celebración desta sesión plenaria pola ausencia do representante nacionalista que á mesma hora deberá acudir á Coruña acompañando a unha familiar directa que será sometida a unha operación grave. Para o Responsábel Local nacionalista, Ramón Luís Bernardo Insua, “e insólito que o alcalde negue ao BNG a presenza neste pleno por uns días, cando os orzamentos xa debían estar aprobados en decembro de 2009 e non pasa nada por uns días mais”, para Bernardo Insua, “Villares traspasa o límite da decencia política e a humanidade xa que os plenos ordinarios están acordados en Cervo para os xoves e non os venres, dando a sensación que este alcalde válese de todo con tal de prexudicar ao rival político”
Tanto o BNG como o PSOE solicitaron ao alcalde o traslado da data do pleno e Villares non quixo atender a petición.
Tanto o BNG como o PSOE solicitaron de forma oral e escrita o traslado do pleno a outra data que permitira a presenza da representación nacionalista sen que o alcalde atendera tal petición. Bernardo Insua lembrou que a corporación de Cervo ten fixada a data de celebración dos plenos ordinarios os xoves e que na comisión previa a este pleno celebrada o pasado luns, a comisión acordou a celebración deste pleno e o extraordinario para o debate da moción da Plataforma Sanitaria o xoves, cambiándose a convocatoria para o venres.
Non e a primeira ocasión que persoal municipal se ve obrigado a facer traballos extraordinarios para o PP de Cervo
O Responsábel Local nacionalista aproveitou para responder as declaracións do PP de Cervo en relación ao reparto de panfletos deste partido por persoal municipal na noite do pasado martes. Bernardo Insua dixo que “non e a primeira vez que persoal municipal e obrigado a facer traballos de propaganda para o PP de Cervo, faise con total descaro na redacción de notas de prensa con asiduidade, fíxose en campañas electorais e tamén en día de eleccións como xa temos denunciado nalgunha ocasión”
En relación ao traballo do portavoz municipal Xoán Estúa, adscrito ao Grupo Provincial do BNG da Deputación, Bernardo Insua lembrou que “Cervo ten un Punto de Atención Infantil gratuíto grazas ao apoio dun área de goberno nacionalista na Deputación que aporta o 80% do seu financiamento e moitas asociacións culturais e deportivas de Cervo saben do apoio de áreas de goberno nacionalista na Deputación” polo que convidou ao PP a que lles pregunte por este tema.