Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo agradece a visita do conselleiro de Educación destaca a boa sintonía

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradeceu a visita feita hoxe ao concello polo conselleiro de Educación e “destaca a boa sintonía entre o concello e a consellería”.

Nota de Prensa

VILLARES DESTACA A BOA SINTONÍA ENTRE O CONCELLO E A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

* O rexedor valorou positivamente o anuncio do conselleiro, Jesús Vázquez Abad, de rematar a obra inacabada do pavillón do CEIP nº1 de Cervo

Cervo, 4 xuño de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradeceu a visita feita hoxe ao concello polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para anunciar a decisión da súa consellería de levar adiante a ampliación e remate do pavillón polideportivo do CEIP nº1 de Cervo.

Villares lembrou que esta actuación fora moi demandado polo Goberno local e tamén pola comunidade escolar do centro dende hai case cinco anos, cando se produciu a paralización dos traballos por parte dos anteriores responsables de Educación na Xunta de Galicia e deixando inacabada dita obra. “Con este anuncio e con este compromiso do conselleiro se arranxa un problema xurdido no seu momento de xeito innecesario” sinalou. O rexedor dixo tamén que non era tempo de lembrar o acontecido no pasado “se non que temos que mirar cara ó futuro e o principal é que que agora, os alumnos e alumnas deste colexio, van ter por fin unha infraestrutura deportiva acorde co resto de instalacións e como eles se merecen.”

Para Villares esta ampliación do pavillón escolar pon de manifesto a sensibilidade “e o profundo compromiso dos responsables da consellería de Educación” coa educación pública no concello de Cervo “sen escatimar en medios económicos, tecnolóxicos e humanos para ofrecer un ensino de calidade” aos nenos e nenas matriculados nos centros educativos do concello. “Por iso, estou seguro que isto vai redundar aínda máis na calidade do ensino e no bo funcionamento que está a ter este colexio, ao igual que o resto de centros do noso municipio” recalcou.

Por último, Villares desexou que esta liña de colaboración e de diálogo entre o Concello e Educación “continúe sendo igual de fluída e cordial como ven sendo ata o de agora, porque en definitiva, iso redundará no futuro dos nosos nenos e nenas” e emprazou ao conselleiro para que se desprazarse unha vez máis ata este centro unha vez estean rematadas as obras de ampliación do pavillón.

Exit mobile version