Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela está contento coas bandeiras azuis para os areais do concello

BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, está contento coas tres bandeiras azuis que reciben as praias de A Marosa, O Portelo e Ril e destaca o galardón que tamén teñen a aula medio ambiental Gaia e o barco museo Reina del Carmen.

O rexedor sinalou que “realmente foi unha ratificación do que ocorreu o ano pasado e estamos moi contentos coas tres bandeiras que reciben as praias A Marosa, O Portelo e Ril e tamén as da aula medio ambiental Gaia e do barco museo Reina del Carmen. Temos polo tanto cinco bandeiras azuis ao igual que no 2009. En Burela preocupámonos por ter as praias o mellor posible, limpas, ben arranxadas e con todos os servizos, o que da lugar a que se valore o noso traballo e que consigamos a bandeira azul como un elemento de garantía de que hai boa calidade”.

Llano dixo que “este ano temos ademais o propósito de implantar onde sexa posible a normativa 14001, algo que da garantías absolutas para o baño e para empregar todos os servizos dos areais. Todo esto no seu conxunto posibilitará que chegue máis turismo a Burela, creo que é un atractivo grande a oferta das nosas praias. Si gaña Burela con esto, gañan os veciños e gaña toda a comarca da Mariña”.

Exit mobile version