Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela convida a disfrutar dos días grandes das festas patronais

BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, considera que Burela batirá récords de asistencia de público ao concerto que ofrece esta noite no porto o cantante David Civera. O rexedor convida a veciños e visitantes a disfrutar dos días grandes das festas patronais.

Llano lembrou que “realmente as festas de Burela xa comenzaron o pasado 27 de maio, ainda que agora mesmo desde hoxe e ata o luns son os días grandes das patronais. Quero convidar a todos os que se atopen por aquí cerca para dicirlles que teñen unha boa ocasión para coñecer o noso pobo e para participar en moitos actos que son moi emotivos, notarán que aquí admitimos a todo o mundo de moi bó grado, compartimos todo canto temos e ademáis poderán disfrutar de espectáculos extraordinarios”.

O alcalde destacou que “mañá sábado vaise elaborar a alfombra floral para honrar á Virxe do Carme, é algo moi bonito que forma parte da tradición das festas e engrandece a procesión da Nosa Señora. O domingo a mediodía despois temos a procesión marítima que é un grande espectáculo visual e de participación, é moi bonita para ver desde o porto, pero tamén indo nun barco porque cambia extraordinariamente a súa percepción”.

Alfredo Llano tamén aludiu ao concerto desta noite “hoxe venres temos tamén a actuación de David Civera que atraerá a moitísima xente aquí a Burela, ademáis o tempo parece que nos vai acompañar nestes días nos que incluso fará calor. Hoxe imos batir récords de participación aquí no peirao para ver a David Civera. E o luns teremos o día do pobo. Como dicía é unha boa ocasión para que os queiran coñecernos un pouquiño mellor se acheguen a Burela a disfrutar das festas, merecerá a pena en todos os aspectos. Animar tamén a todos os veciños a participar nesta cita, imos esquecernos un pouco da problemática cotiá da vida e imos mergullarnos nestas festas merecidas e así enfrontarnos a todo o que poida vir dun xeito exitoso. A disfrutar e a pasalo ben”.

O Concello advírtelles a veciños e visitantes que procedan a retirar os vehículos aparcados nas rúas Eijo Garay, Correo e Igrexa mañá sábado antes das dez menos cuarto da mañá, porque a esa hora comenzará a elaboración da alfombra floral ao porto pola que discorrerá ás 21:30 horas a procesión de baixada da virxe ao peirao.

Exit mobile version