FOZ .- O Próximo sábado día 05 de Xuño, as 12 horas, no lugar de costume, terá lugar a concentración que a Comisión Focega en Defensa da Sandade Pública ven facendo todos os primeiros sábados de mes. Estas concentracións fanse en demanda de un Servizo de Urxencias Médicas para o Centro de Saúde de Foz.
– A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública está a espera da reunión co Conselleira de Sanidade. En dita reunión queremos revisar o estudo comprometido na reunión anterior mantida con membros da Consellería. Queremos recordar que na recente reunión mantida co Sr Balseiro, este, comprometeuse a xestionar a reunión co Conselleira.
– Por último queremos recordar que en menos dun mes Foz vai recibir un importante número de visitantes, que fará que aumente considerablemente a súa poboación. Por medio da presente queremos recordarlle, a quen proceda, que tome as medidas necesarias para asegurar unha correcta e axeitada atención os pacientes.
Tamén queremos recordar que hai comprometidos con Foz unha serie de reforzos para o Centro de Saúde na época estival. Esperamos que ditos compromisos se leven a cabo sin dilación.