A manifestación ía encabezada por unha pancarta na que podía lerse “Salvemos o Hospital da Costa. Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Mariña”, detrás acompañábana outras pancartas con lendas como “Non a privatización da sanidade pública”, “Nos aos plans da Consellería” e unha moi expresiva “No queremos nacer na Xesta !!”.
A marcha concluíu na Praza da Mariña, onde distintas persoas deron lectura a diversos comunicados de apoio e reivindicación ante os asistentes a concentración.
A manifestación contou coa participación de alcaldes e concelleiros de distintas corporacións de A Mariña, representantes de organizacións sindicais e de comités de distintas empresas.