Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do PP en Burela para que Fomento “actúe na variante”

NOTA DE PRENSA:
González Barcia: “O Ministerio de Fomento tén algo que decir sobre os efectos das inundacións en Burela”.

O PP presenta unha moción para pedirlle a Fomento que “actúe na variante”.

Os populares critican que o pleno do presente mes de Xuño ainda non foi convocado .

O Grupo Municipal Popular de Burela presentará no vindeiro pleno ordinario unha moción para pedirlle ó Ministerio de Fomento que “actúe na variante para evitar situacións coma as vividas recentemente no entorno da Fonte da Lamela e en Vilar”.

O portavoz do Grupo Municipal do PP considera que “Fomento tén algo que decir sobre os efectos das inundacións. Efectivamente choveu moitísimo, pero a variante estimamos que axudou a multiplicar os efectos da chuvia caída”.

Barcia cita a escorrentía de materiais e auga na Fonte da Lamela, e os problemas de embolsamento en Vilar, así como o efecto da variante na zona de As Pasadiñas e no Perdouro. “Desde o Hospital hasta practicamente o entorno da Vila do Medio toda a auga que recolle a variante vai dar ás Pasadiñas, polo que pode ser posible a construcción de algún cauce de saída alternativo, para que o que aconteceu, de volver a ocurrir, se minimice considerablemente”.

Os populares afirman que “non falan de oídas; coñecemos a zona, porque durante a nosa etapa de goberno tamén houbo problemas coa variante, ainda que nunca semellantes a estes, e convencimos a Fomento para algo fixera; pero é que ademais escoitamos ás persoas que saben e teñen coñecementos sobre a materia”. Para o PP, “as conclusións son evidentes: a variante, de por si boa e positiva para a canalización do tráfico, ocasiona de cando en vez estes problemas, que deben ser estudiados e se é caso correxidos”.

Barcia indica que “o que pedimos na moción é que o concello lle solicite ó Ministerio de Fomento que faiga os estudios e actuacións pertinentes na canalización de augas no entorno da variante de Burela para evitar escorrentías de materiais sólidos e embolsamentos de auga”. Desde o PP entenden que esta petición entra dentro marco de implicación das institucións para axudar a paliar os efectos das inundacións, e sería mui positivo que o bipartito apoiase esta moción sen ver nela ningún trasfondo político, que evidentemente non tén”.

Ademais, o portavoz do Grupo Municipal manifestou que “o pleno que tiña que celebrarse mañán, xoves, non foi convocado, e tampouco se nos dixo cando se celebrará. Esto vén a confirmar, unha vez máis, que o forte do alcalde e do bipartito no é precisamente o traballo”.

Barcia dixo que “agora, o alcalde pillou o vicio de facer os plenos fóra da data que lle corresponde; e pasa de chamarnos para decirnos nada; é máis, quería retrasar de novo o pleno do pasado día once, que tiña que terse celebrado o vintesete de maio. A este paso, será mellor que non convoque os plenos, porque non son capaces de levar asuntos e proxectos non teñen”.

“A vida municipal de Burela languidece, é un desastre absoluto. E o alcalde, que non tén ningunha pasión polo traballo, vive de decir a todo que si e non resolver nada”, afirmou Barcia.

Exit mobile version