Site icon Crónica3.com A Mariña

140 alumnos do colexio Pedro Caselles de Xove asistirán a unha representación teatral

XOVE .- 140 alumnos do Colexio Pedro Caselles, de primeiro e sexto de Educación Primaria asistirán a representación do grupo Talia Teatro que representará a obra  “Valentino rufini e âkil pillabán de viaxe a milán (e van sen un can)“ dentro dos dos Circuítos Culturais Camiños da Cultura
NOTA DE PRENSA

COMEZAN OS CIRCUITOS CULTURAIS EN XOVE

O pasado luns tíñamos a primeira actuación  dos Circuitos Culturais/Camiños da Cultura en Xove coa actuación de Teatro do Morcego diante dos alumnos do IES Illa de Sarón. Pois ben, mañá VENRES 4 DE XUÑO, ÁS 13:00 HORAS, imos ter a segunda representación teatral con TALIA TEATRO  e a obra  “Valentino rufini e âkil pillabán de viaxe a milán (e van sen un can)“ no Salón de Actos do Centro Cívico. Á mesma van acudir uns 140 alumnos do Colexio Pedro Caselles, concretamente de 1º a 6º de Educación Primaria.

Esta actividade está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O orzamento total deste Programa é de 5.280 €uros, dos cales o noso Concello aporta 2.280 €uros e a Consellería de Cultura 3.000 €uros.

A OBRA:

Século XVIII.Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é  abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe. Farsa que respira da comedia da arte , ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes.

Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia. Pola súa parte, Âkil Pillabán, magrebí que traballaba no mundo da construción, á abandoado pola súa ama coa que tamén viaxaba a Milán, e igualmente decide pasar a noite na mesma casa onde se refuxia Valentino.

Coñeceranse alí, e xuntos agardarán pola carruaxe que vai a Milán para pedir auxilio. Xuntos pasarán a tarde, a noite e verán chegar un novo día. A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán  divertidas historias coa que se artella un espectáculo que trata de reflexionar sobre a diferenza cultural, a desconfianza ao descoñecido e, por riba de todo, a necesidade de comprender que todos somos iguais, malia a cor da pele, das relixións e das posicións sociais.

Trátase, en definitiva, dun espectáculo para ver en familia, para rir sen medo e, ao tempo, para pensar sen prexuízos.

Para edición deste ano deste importante programa cultural, o noso Concello programou catro espectáculos, polo que inda quedan por pasar:

Amáis das obras citadas, o programa complétase con:

MÉRCORES, 25 DE AGOSTO

Teatro Babaluva S.L.  con “LUME”

16:00 HORAS – SALÓN ACTOS CENTRO CÍVICO

NENOS DE 2 A 8/10 ANOS

MÉRCORES, 25 DE AGOSTO

DANI GARCÍA con “ACCIÓN”

20:00 HORAS – CENTRO CÍVICO –  TÓDOLOS PÚBLICOS

Exit mobile version