Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciativa parlamentaria do PSOE sobre o Hospital e a área sanitaria da Mariña

NOTA DE PENSA:
REGO PRESENTA NO PARLAMENTO A INICIATIVA DA PLATAFORMA SOBRE A AMPLIACION DO HOSPITAL DE BURELA E A AREA SANITARIA UNICA DA MARIÑA

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego afirma que a iniciativa da resposta a preocupación dos cidadáns e os profesionais sanitarios sobre a descapitalización do Hospital, e do conxunto do servicios sanitarios da Comarca

– Sinala que a iniciativa non vai contra ninguén, nin persoal nin politicamente, senón a favor de que o sistema sanitario publico siga recollendo a comarca da Mariña como unha zona singular, no tocante a organización e mellora e ampliación de equipamentos no sistema sanitario publico

– Afirmou que “o Hospital da Costa no pode ser considerado coma un Hospital comarcal mais, senón que debe selo mais parecido a un Hospital Xeral como veu acontecendo ata o de agora por parte dos distintos gobernos ata a chegada de Feijoo”

Santiago , 9 de xuño de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que presentou no Parlamento unha iniciativa da plataforma sobre a ampliación do Hospital e a area sanitaria única da mariña

Afirma que a iniciativa da resposta a preocupación dos cidadáns e os profesionais sanitarios sobre a descapitalización do Hospital, e do conxunto do servicios sanitarios da Comarca.

Sinala que a iniciativa non vai contra ninguén, nin persoal nin politicamente, senón a favor de que o sistema sanitario publico siga recollendo a comarca da mariña. como unha zona singular, no tocante a organización e mellora e ampliación de equipamentos no sistema sanitario publico. Relata que deben estar acordes polo tanto coa súa poboación e situación xeográfica alonxada de calquera outro centro de referencia.

Nese senso Rego afirmou que “o Hospital da Costa no pode ser considerado coma un Hospital comarcal mais, senón que debe selo mais parecido a un Hospital Xeral como veu acontecendo ata o de agora por parte dos distintos gobernos ata a chegada do actual, que coa súa estratexia para os hospitais comarcais e sobre as areas sanitarias creou unha nube de incertidume sobre o seu futuro que é preciso aclarar coa máxima urxencia”.

Exit mobile version