Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición en Mondoñedo de Rosa Lafuente

MONDOÑEDO .- O Centro Comarcal de A Mariña Central (Mondoñedo) acolle durante o mes de xuño a obra pictórica da artista coruñesa Rosa Lafuente.

Nos traballos pictóricos de Rosa Lafuente atopámonos coa necesidade de plasmar o arraigo que ten ó seu entorno físico e tamén emocional sendo o protagonista o mar, bañistas na praia de Orzán, mariñeiros na Costa da morte, e tamén fermosos atardeceres Galegos ou unhas sinxelas prímulas.

Rosa Lafuente formouse na Escola de Artes e Oficios e na Escola de Arte Pablo Picasso na Coruña, no taller na pintora Fina Mantiñán e mesmo traballou no taller cerámico do seu pai, Venancio Lafuente del Rey, posteriormente crea o seu propio taller cerámico na Coruña, onde imparte clases a numerosos alumnos e realiza encargos de murais cerámicos, algúns deles expostos, por exemplo, na sala de prensa do Coliseum.

Esta exposición poderá visitarse no Centro Comarcal da Mariña Central durante o mes de xuño en horario de 10:00 a 14:30 e de 15:00 a 18:00, de luns a venres , e os sábados de 10:00 a 14:00.

Exit mobile version