Site icon Crónica3.com A Mariña

Expoñen en Burela traballos de bordado, bolillos e manualidades feitos en talleres por 200 mulleres

BURELA (FNC) .- Inauguraron na Casa da Cultura de Burela a exposición dos traballos realizados ao longo de todo o ano nos talleres organizados polo CIM. A edil de Cultura, Neves Cando, suliña que “neses obradoiros participaron máis de 200 mulleres do noso concello. Trátase de expoñer os traballos feitos ao longo do ano nos talleres de manualidades, bordado e bolillos. Na sala de arte do primeiro piso e tamén na da planta baixa, este ano habilitamos estes dous espazos pola grande cantidade de traballos que tiñamos, poderemos admirar os mobles, cadros e traballos de manualidades en xeral, así como os labores de bordado e bolillos feitos polas nosas mulleres”.

A concelleira nacionalista lembra que “estes talleres arrincaron no mes de outubro e remataron en maio e agora toca expoñer o producto dos obradoiros e poderemos apreciar verdadeiras obras de arte, desde traxes de bautizo, mantelerías, toallas, abanicos e puntillas ata mobles e artículos de decoración”. Cando convida “a todo o mundo a visitar esta exposición e a admirar estes traballos”.

O horario de visita é  de 11 a 13 horas pola mañá e de 18 a 20 horas pola tarde de luns a venres. O sábado só estará aberta pola tarde. A exposición estará aberta na Casa da Cultura de Burela ata a primeira semana de xullo.

Exit mobile version